Infamia

Todas temos dentro de nós segredos inconfesables. Verbas que non poden agromar e que pechamos en matrioskas ocultas baixo as capas de cebola que forman a nosa psique. Feitos que de ser pronunciados queimarían a nosa existencia e con ela a nosa mingüante humanidade. É por iso que esbozamos un pequeno sorriso, coma Lucas, cando... Seguir lendo →

Beleza vermella

A beleza é vermella coma unha cunca de cereixas. A miña primeira profesora de pintura adoitaba dicir iso. É o primeiro que me vén á cabeza. Desboto o pensamento porque resulta irracional. Pero non podo apartar a vista do chan do cuarto. Acode á miña mente a imaxe dun vestido branco e inmaculado sobre un... Seguir lendo →

Transmatria

Érguete sempre. Chimpa o croio por nós todes. Sementa o trigo na seara, embaixo das luces azulísimas, represoras, das súas sirenas. Un berro parido das entrañas dun eu poético rebelde escapa de Transmatria (Daniel Asorey), o XXI Premio Johan Carballeira de Poesía. O título do poemario pon sobre o aviso do que imos topar en... Seguir lendo →

Novela de xadrez

Por pequenos indicios decateime, con preocupación, de que o meu cerebro estaba trastornándose. Ao principio aínda mantiña clareza interior durante os interrogatorios, pensaba todo o que declaraba con moita tranquilidade: aquel xeito de pensar por duplicado (o que debía dicir e o que non) aínda funcionara. Agora prendía na fala ao articular as frases máis... Seguir lendo →

O derradeiro verán

Debemos gobernar unha casa, e ti ben sabes que incluso o mellor servizo precisa da inspiración dun ser superior. Compadezo a cociñeira que cos nosos múltiples caprichos non tivese apoio ningún. [...] Ningunha cociñeira é capaz de lembrar todo isto, e a nosa non sabe ler. Se eu estivese fóra, mamá tería que pensar en... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑