Facendo piña (colaboracións)

“A unión fai a forza”. Esta premisa é a que impera como valor fundamental na forma de argallar a Axencia e, polo tanto, organizamos relacións de colaboracións con diferentes entidades da nosa rexión para todos xuntos ir in crecendo. 

A primeira amizade que trabamos foi coa A.VV. A Morada, asociación coa que organizamos todas e cada unha das nosas actividades e o noso funcionamento diario. Este ente actúa no ámbito de Meiro e traballa en prol da aldea en aspectos moi variados (reparacións de instalacións, actividades, loitar polos dereitos da veciñanza, etc). O seu presidente é Pablo Portela e o vicepresidente é Seso Portela.

Despois nos relacionamos coa Biblioteca Escolar do IES Johan Carballeira, quenes funcionan cun sistema de voluntariado co cal organizan exposicións, coordinan a “biblio”, etc. A cara visible é Carmen Miñambres, profesora de Lingua Castelá e Literatura no centro docente, e quen nos acompaña nalgúns dos nosos actos. Compartimos a creación de actividades e o préstamo de libros entre a Biblioteca e a Axencia, e son un piar fundamental para nós.

O Espacio Arroelo coñeceunos a principios do 2017 e, dende aquela, fundamos unha gran relación, xa que compartimos sinerxias positivas. Neste co-working participa Daniel, unha das persoas voluntarias da Axencia, e grazas ao espazo e as persoas somos quen de facer deseño de carteis, blog, etc. Xa nos visitaron realizando unha actividade de traballo en grupo e fixeron unha das súas Arroeladas no Magosto.

Grazas ás persoas que están tras estas entidades somos capaces de desenvolver en parte as nosas actividades, aínda que hai unha infinidade de persoas, asociacións, etc. que nos axudan día a día.

Grazas!!!!!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: