Os corpos invisibles

Estudou o que estudaban as mozas que podían pagar en tempo, comodidade e cartos: algo de xeografía por se casaba con algún almirante destacado en colonias, francés para saber pronunciar os perfumes e os deliciosos manxares que se comían tres veces ao día, música para deleitar visitas, debuxo para entreterse e non enredar en cousas... Seguir lendo →

Un animal chamado néboa

Ninguén sabe cando vai rematar o pesadelo do asedio. Hai moito que minguaron as racións diarias de alimentos e os corpos xa non resisten. Non poden máis. Todo está a piques de rematar. Os nazis sábeno. Por iso, nos días de vento adoitan situarse en puntos estratéxicos. Alí cociñan abundante carne á brasa para que... Seguir lendo →

Malaherba

Creo que ahí me hice un poco mayor. Me di cuenta de golpe de aquel extraño ambiente festivo. Era ya imposible que el mundo de los niños no acabase fusionándose con el de los mayores. Estábamos todos locos, o parecía la casa de unos locos, pero era normal. Todo empezó a ser normal sin que... Seguir lendo →

Infamia

Todas temos dentro de nós segredos inconfesables. Verbas que non poden agromar e que pechamos en matrioskas ocultas baixo as capas de cebola que forman a nosa psique. Feitos que de ser pronunciados queimarían a nosa existencia e con ela a nosa mingüante humanidade. É por iso que esbozamos un pequeno sorriso, coma Lucas, cando... Seguir lendo →

Beleza vermella

A beleza é vermella coma unha cunca de cereixas. A miña primeira profesora de pintura adoitaba dicir iso. É o primeiro que me vén á cabeza. Desboto o pensamento porque resulta irracional. Pero non podo apartar a vista do chan do cuarto. Acode á miña mente a imaxe dun vestido branco e inmaculado sobre un... Seguir lendo →

Transmatria

Érguete sempre. Chimpa o croio por nós todes. Sementa o trigo na seara, embaixo das luces azulísimas, represoras, das súas sirenas. Un berro parido das entrañas dun eu poético rebelde escapa de Transmatria (Daniel Asorey), o XXI Premio Johan Carballeira de Poesía. O título do poemario pon sobre o aviso do que imos topar en... Seguir lendo →

Novela de xadrez

Por pequenos indicios decateime, con preocupación, de que o meu cerebro estaba trastornándose. Ao principio aínda mantiña clareza interior durante os interrogatorios, pensaba todo o que declaraba con moita tranquilidade: aquel xeito de pensar por duplicado (o que debía dicir e o que non) aínda funcionara. Agora prendía na fala ao articular as frases máis... Seguir lendo →

O derradeiro verán

Debemos gobernar unha casa, e ti ben sabes que incluso o mellor servizo precisa da inspiración dun ser superior. Compadezo a cociñeira que cos nosos múltiples caprichos non tivese apoio ningún. [...] Ningunha cociñeira é capaz de lembrar todo isto, e a nosa non sabe ler. Se eu estivese fóra, mamá tería que pensar en... Seguir lendo →

Corazón e demais tripas

Irmás na Graza de Cristo: Queda terminantemente prohibida, a partir da hora nona, estar ergueitas, espertas e asexantes. Cada irmá deberá ter conta da súa conduta e dos medios postos para conseguilo. Todas as irmás deberán calar e ficar en horizontal a partir da dita hora e até que rompa o día. Calquera ollo nas... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑