Malaherba

Creo que ahí me hice un poco mayor. Me di cuenta de golpe de aquel extraño ambiente festivo. Era ya imposible que el mundo de los niños no acabase fusionándose con el de los mayores. Estábamos todos locos, o parecía la casa de unos locos, pero era normal. Todo empezó a ser normal sin que... Seguir lendo →

Infamia

Todas temos dentro de nós segredos inconfesables. Verbas que non poden agromar e que pechamos en matrioskas ocultas baixo as capas de cebola que forman a nosa psique. Feitos que de ser pronunciados queimarían a nosa existencia e con ela a nosa mingüante humanidade. É por iso que esbozamos un pequeno sorriso, coma Lucas, cando... Seguir lendo →

Beleza vermella

A beleza é vermella coma unha cunca de cereixas. A miña primeira profesora de pintura adoitaba dicir iso. É o primeiro que me vén á cabeza. Desboto o pensamento porque resulta irracional. Pero non podo apartar a vista do chan do cuarto. Acode á miña mente a imaxe dun vestido branco e inmaculado sobre un... Seguir lendo →

Corazón e demais tripas

Irmás na Graza de Cristo: Queda terminantemente prohibida, a partir da hora nona, estar ergueitas, espertas e asexantes. Cada irmá deberá ter conta da súa conduta e dos medios postos para conseguilo. Todas as irmás deberán calar e ficar en horizontal a partir da dita hora e até que rompa o día. Calquera ollo nas... Seguir lendo →

Memoria do silencio

<<Compartimos que somos persoas, e temos dereito a vivir, e a vivir en paz e sen medo. Na nosa mesa, na nosa casa, sempre haberá un prato de sopa, un lugar onde durmir e onde esconderse para quen o necesite>>, dixo Lola. A vida paga a pena, Bob, sempre paga a pena. Non debiches marchar.... Seguir lendo →

Non o saben as estrelas

  Hai na literatura unha regra ben sabida por todxs que di que hai que engaiolar a quen le canto antes. Esta consigna non lle é descoñecida a Diego Alfonsín, que nos mantén en vilo dende o verso de María do Cebreiro que abre a obra (O que sabemos un do outro non o saben... Seguir lendo →

Extraordinario

Un home cabalgando as olas da literatura eríxese como portada engaiolante e suxestiva do que pode acontecer en Extraordinario (Antón Lopo, Premio Narrativa Breve Repsol 2018), unha expectación que se ve cumprida a medias. Se ben a novela ten un ritmo moi rápido, trepidante e mellorado por unha gran riqueza léxica que chega a atrapar... Seguir lendo →

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

  Após gañar o Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, a nova obra de Antonio Manuel Fraga estréase no panorama literario galego da man do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Pese a que en ocasións os libros xuvenís non son do agrado das persoas adultas, isto non acontece coa obra de Fraga,... Seguir lendo →

A cámara do sangue e outros relatos

    Cunha linguaxe transgresora, fera, indómita amósase ante nós Cartermóndez (termo acuñado por Emma Pedreira para referirse a un binomio sinérxetico formado por Angela Carter, autora de The Bloody Chamber and others stories, e María Reimóndez, tradutora ao galego da obra) quenes conseguirán asestarlle un duro, brutal e merecido golpe aos contos que Perrault,... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑