Non o saben as estrelas

  Hai na literatura unha regra ben sabida por todxs que di que hai que engaiolar a quen le canto antes. Esta consigna non lle é descoñecida a Diego Alfonsín, que nos mantén en vilo dende o verso de María do Cebreiro que abre a obra (O que sabemos un do outro non o saben... Seguir lendo →

Extraordinario

Un home cabalgando as olas da literatura eríxese como portada engaiolante e suxestiva do que pode acontecer en Extraordinario (Antón Lopo, Premio Narrativa Breve Repsol 2018), unha expectación que se ve cumprida a medias. Se ben a novela ten un ritmo moi rápido, trepidante e mellorado por unha gran riqueza léxica que chega a atrapar... Seguir lendo →

Besta do seu sangue

Pese a que nestes tempos estou descubrindo verdadeiras xoias da literatura galega contemporánea, ultimamente ando moi conmocionado con Besta do seu sangue, a obra de Emma Pedreira (A Coruña, 1978) que foi merecedora do Premio Xerais 2018. Na novela atopámonos con Manuel-a Blanco Romasanta, unha personaxe intersexual que sofre un debate interno e externo sobre a... Seguir lendo →

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

  Após gañar o Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, a nova obra de Antonio Manuel Fraga estréase no panorama literario galego da man do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Pese a que en ocasións os libros xuvenís non son do agrado das persoas adultas, isto non acontece coa obra de Fraga,... Seguir lendo →

A cámara do sangue e outros relatos

    Cunha linguaxe transgresora, fera, indómita amósase ante nós Cartermóndez (termo acuñado por Emma Pedreira para referirse a un binomio sinérxetico formado por Angela Carter, autora de The Bloody Chamber and others stories, e María Reimóndez, tradutora ao galego da obra) quenes conseguirán asestarlle un duro, brutal e merecido golpe aos contos que Perrault,... Seguir lendo →

As Ramonas de Ana Cabaleiro

Mona Otero, unha fotógrafa que detesta traballar en vodas, iniciará un proceso de deconstrución tras a petición de divorcio do seu home, unha transformación na que tentará ser a artista de prestixio que ela se considera. Esa cambio será amosado a través dun fluír interno que acontece durante os desprazamentos en coche, utilizados como o... Seguir lendo →

DX, a un paso do posible

Por Daniel Chapela   A mestría e experiencia de Eli Ríos na poesía e na narrativa cristalizan nesta distopía que pode non chegar a ser un futuro hipotético, senón unha realidade que hoxe tentan invisibilizar as grandes corporacións excepto en pequenos resquicios que podemos chegar a albiscar. O caso dun xardineiro que denunciou a empresa... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑