Este pasado sábado 8 de decembro, a aldea de Meiro gozou das verbas dos ritmos de Xardín Desordenado, un grupo de música que veu presentar o seu último traballo, no que recompilou diversos poemas de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Biografía de María Victoria Moreno extraída da... Leer más →
Presentación de “The making of”
Este martes 2 de outubro ás 20h, como actividade inaugural do noso segundo aniversario, teremos a presentación de The making of, a última obra de Xavier Alcalá. No evento, ademais do escritor, estará a poeta bueuense Míriam Ferradáns. O azar, que marca os fitos da narración, fai que o escritor sexa amigo do Cholo,... Leer más →
2º aniversario da Axencia de Lectura de Meiro
Tras dous anos de intensa programación cultural, a Axencia de Lectura de Meiro organizará durante todo o mes de outubro múltiples actividades co obxectivo de celebrar esta efeméride. Na presentación da programación dos actos, estiveron hoxe Pablo Portela e Xosé Antonio (Seso) Portela, presidente e vicepresidente da A.VV. A Morada, Daniel Chapela, o voluntario cultural... Leer más →
Club de Lectura con Carlos Meixide
Onte recibimos na Axencia ao escritor Carlos Meixide, quen conversou co noso club de lectura sobre Ons, un libro a cabalo entre o xénero policíaco e xuvenil que trata das aventuras de catro rapaces e rapazas na Illa de Ons. Foi unha xornada ben interesante na que, aos habituais desta tertulia, se nos uniron dúas... Leer más →
Magosto
As conxuncións, ademais de ser algo moi importante para a lingua, é o que o move todo. Por iso tentamos unir tradición, xogos, diversión para chegar a un factor común: a cultura. Esta suma é a que levaremos a cabo o próximo sábado 21 ás 16:30h no recinto d´A Morada, onde todos, grande e... Leer más →
Iria Collazo visitou o noso Club de Lectura para falarnos d’ A soidade das medusas
Os libros son para o verán. Estamos ben seguros desta afirmación, pois na Axencia visitounos este 26 de xullo a autora moañesa Iria Collazo quen nos falou da súa recente obra A soidade das medusas, unha compilación de relatos que conservan entre si nexos de unión que fan que o lector ou lectora teña que... Leer más →
En busca do tesouro
Libros e divertirse son termos indisolublemente unidos. E máis cando se é xoven. Por isto, a Axencia de Lectura de Meiro, o Club Golfiños de Bueu e a A.VV. A Morada organizamos unha actividade que condensa as dúas cousas. Cun mapa de lugares emblemáticos de Meiro e unha pista dun libro inicial, partiremos o 5... Leer más →
+ libros
A Axencia de Lectura de Meiro, dentro da súa actividade en prol da lingua e da cultura, ampliou o seu programa de actividades culturais no mes de xullo. O martes 4 ás 21, estivo na Axencia Salvador Rodríguez para conversar coas alí presentes sobre Periodismo, Historia e Literatura. Na tertulia, que durou unha s dúas... Leer más →
Francisco Castro no Club de Lectura da Axencia
Comezamos o mes de xuño cunha visita moi especial: a do escritor e director da Editorial Galaxia Francisco Castro, quen conversou o pasado martes cos participantes do club de lectura da Axencia de Lectura de Meiro. A verdade é que non hai nada mellor que falar arredor dun libro, ver os debates que se xeran... Leer más →
Roteiro polo Liboreiro
A contorna e a cultura están estreitamente relacionadas. Todos os grandes escritores atoparon inspiración nas paisaxes do seu redor e, en moitas ocasións, as plasmaron nas súas obras. Por isto, dende a Axencia promovemos roteiros pola nosa contorna para potenciar a nosa natureza. Para que ninguén se perda contamos con Seso Portela, quen co seu... Leer más →