Entrevista a Andrea Jamardo Seijo (editorial Cuarto de Inverno)

Hoxe entrevistamos a Andrea Jamardo Seijo, editora de Cuarto de Inverno. A editorial, creada xunto a David Cortizo Conde, estreouse en novembro con dúas obras para público xuvenil: Be Water, de Antía Yáñez, e irmá paxaro de Tamara Andrés. 79454974_131232481667588_6104254868241776640_o.jpg

P. Por que (unha editorial)?
E por que non?
Decidimos montar Cuarto de Inverno porque o mundo editorial é no que vimos traballando desde hai xa anos e por que é o que nos gusta. Traballar no mundo do libro era un soño para ámbalas dúas.
P. Malia estarmos nun intre en que os índices de lectura están á baixa, vostedes impulsan unha nova editorial. Cren que nun mercado en que a lectura en galego cae, é factible a supervivencia deste novo proxecto?
Se non estivésemos convencidas, non o fariamos. Sabemos que non nos imos facer ricas, mais non é iso o que pretendemos. Tratarmos de ser positivas e malia que as cifras das persoas que len preferentemente en galego é 4% , temos un 96% ao que aínda podemos seducir. Se é factible ou non, aínda non o sabemos porque acabamos de comezar. Outra cousa non, pero currantas e teimudas somos abondo.
P. Falando dos datos de lectura, cales cre que son as medidas que se deben acometer para darlle un novo impulso?
Ter un plan nacional de lectura como hai noutros países veciños, por exemplo, sería unha grande axuda para crear lectoras.
P. Malia ser a nosa lingua irmá do portugués, a maior parte dos títulos que saen das nosas fronteiras fano cara o castelán e non cara o portugués. Como considera que poderiamos paliar esta situación?
Non creo que sexa necesario paliar a situación, en todo caso reforzar os vínculos con Portugal, pero sen abandonar o traballo feito pola internacionalización.
P. Cales son os piares fundamentais deste novo proxecto?
Coidado pola escolla, pola edición e polo trato coas autoras e demais profesionais do sector
P. Como concibe vostede o labor editorial?

Eu véxoo como unha labor de acompañamento desde que o libro sae da cabeza da persoa que o escribe até que este pasa a estar na cabeza das que o len.
P. Cuarto de inverno. Homenaxe, entendo eu, a Woolf e a Fernández Paz. Por que elxs?

Pois o certo é que non ten nada que ver nin con Woolf nin con Fernández Paz. Foi unha escolla persoal, baseada si no nome dun poemario de María do Cebreiro, Cuarto de Outono, que lin hai unha década. Gustoume o poemario e namoroume o título, mais quixemos que o cuarto fose noso e nós somos máis do inverno, do seu sol, das súas longas noites e de aproveitar os días de frío para quedar no cuarto a ler.
P. Inauguran Cuarto de inverno cunha obra de narrativa e cunha de poesía. É unha declaración de intencións ao respecto de como se enfocará a editora?
Leo moita poesía, pode que incluso máis que narrativa, entón, como non a vou publicar?
Imos publicar calquera xénero literario, o requisito é que nos guste o texto. O próximo libro tamén será un poemario que inaugurará a colección de adultos e o seguinte será unha novela, pero non descartamos teatro ou ensaio, por exemplo.74469342_109194270538076_4338259939278454784_o.jpg
P. Vostedes teñen experiencia sobre todo na literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Continuarán por esa liña ou pretenden amplialo ata ser unha “editora total”?
En canto a temática, será unha editorial xeralista, imos publicar todos os xéneros e calquera temática, como dixen antes, que nos guste a nos. Non podemos publicar un texto que non poidamos acompañar despois. Non tería sentido.

P. Cales son, como editora, os retos que encaran dende o seu proxecto cara o futuro?
Levamos moi pouco, o que imos procurar é poder manternos e continuar facendo o que nos gusta que é editar libros. Na Galiza hai escritoras e escritores marabillosos e oxalá poder publicarlle a moitas delas.
P. Que referentes ten vostede, como editora e lectora, na literatura actual?
Pois en galego, obviamente, lemos moito, poesía e narrativa sobre todo. Son moi fan de Espiral Maior como editorial referente da nosa poesía. Tamén de Apiario. O traballo de Dores Tembrás e Antía Otero é admirable, coidan cada libro minuciosamente, saben moi ben o que queren para o seu proxecto e iso nótase no resultado final.
Tamén son moi seareira das Irmás Cartoné, teñen un gusto finísimo á hora de escoller as obras que traducen. De todas as que lin, non houbo ningunha que non me encantase e que non me gustase ter no meu catálogo.
Xerais e Galaxia tamén son referentes, por suposto. Todas medramos coa colección Fóra de Xogo.
E se falamos de editoriais de fóra, Blackie Books, Tránsito, Kriller71 Ediciones, Caballo de Troya, un dos selos independentes de Penguin Random House, Libros del Asteroide ou La Bella Varsovia son, entre outras, as miñas favoritas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: