Malaherba

Creo que ahí me hice un poco mayor. Me di cuenta de golpe de aquel extraño ambiente festivo. Era ya imposible que el mundo de los niños no acabase fusionándose con el de los mayores. Estábamos todos locos, o parecía la casa de unos locos, pero era normal. Todo empezó a ser normal sin que pudiese haber vuelta atrás. Así que sonó el teléfono del piso, y fue a cogerlo Rebe. También era normal que lo cogiese ella, aunque no fuese nuestra casa, y también me pareció normal que lo hiciese porque se acordó de que la primera muerte de papa ocurrió después de que yo tirase algo al fregadero, como Magic Johnson. 

O ritmo veloz e trepidante que Manuel Jabois crea en Malaherba reflexa a perfección a transformación da psique de Tambu (protagonista e narrador da obra), un neno de dez anos que experimenta unha serie de cambios tras a “primeira morte” do seu proxenitor. A partir dese intre, a meirande parte dos asuntos “típicos” da preadolescencia son esmiuzados, arroxando unha reflexión continua sobre a persoa lectora. A amizade, o amor e o sexo constituirán os eixos vertebradores da novela, mais sempre dende unha perspectiva xuvenil. É por iso que aquí a transición entre a nenez e a adolescencia posúe un encanto especial, pois nos retrotrae ata a nosa propia pubertade ao ser narrada polo protagonista.

Se hai un feito que destaque na escrita do sanxinés é a capacidade que amosa para fundirse co seu protagonista, de tal xeito que en moitos fragmentos do libro o escritor consegue desaparecer por completo. A parte álxida desta unión, confórmaa a creación de diálogos verosímiles e que reflexan fielmente a psique dun rapaz nunha época de grandes cambios.  

A premisa de que “as persoas son boas por natureza, é a sociedade a que as fai malas” vese reflexada ao longo de toda a lectura grazas a visibilización da inocencia das crianzas, desa carencia de prexuízos que as caracteriza até que os mecanismos da humanidade se poñen en marcha. Isto que resulta tan necesario reivindicar nunha época na que a tolerancia está gravemente comprometida, compleméntase cunhas fortes chamadas de atención sobre a soidade na infancia e uns lazos familiares que en moitas ocasións afogan a moitxs menores.

Le dije que no. No sabía exactamente qué significaba la palabra, pero sonaba fatal y nosotros no estábamos haciendo nada malo para que se nos insultase. Nos gustaba estar juntos y, cuando estábamos solos, jugábamos como todo el mundo. Se acercó más a mí, para que Fósforo no oyese, y repitió:<<¿ Entonces si no somos maricones, qué somos?>>.

Por Daniel Chapela

Ficha técnica:

EAL38375.jpg

Título: Malaherba

Autor: Manuel Jabois

Editorial: Alfaguara

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 186

Prezo: 17,90€

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: