Infamia

Todas temos dentro de nós segredos inconfesables. Verbas que non poden agromar e que pechamos en matrioskas ocultas baixo as capas de cebola que forman a nosa psique. Feitos que de ser pronunciados queimarían a nosa existencia e con ela a nosa mingüante humanidade. É por iso que esbozamos un pequeno sorriso, coma Lucas, cando nos adentramos nos pregos de origami que forman Infamia, a última novela de Ledicia Costas. Porque nós, coma todas as personaxes da obra, temos múltiples aristas, esquinas da nosa existencia que non permitimos que visiten ás persoas que nos rodean.

Emma agradeceu que Lucas non a xulgase nin lle pedise detalles. Limitouse a permanecer en silencio, acariñando o lombo de Cloe.

-Por primeira ven en moito tempo non estou no medio de ninguén -bisbou ela-. É unha sensación rara. A liberdade pode ser moi amarga. 

-O amargo non é a liberdade, senón as decisións que hai que tomar para acadala -dixo el, pòr fin. 

Mentres nos adentramos na intrahistoria de Merlo, un lugar marcado pola desgraza, Costas sitúase ao noso carón sostendo unha vara de incenso que remata por converterse nunha néboa que inunda e toca todo, espesando o ambiente ata o punto de chegar a facelo abafante e pegañento. Nese espazo fórmanse unhas protagonistas ben construídas e que amosan a evolución das súas vidas tras o suceso fatídico que foi a desaparición das irmás Giraud vintecinco anos atrás. O misterio e a intriga polo devir dos feitos pasa a un segundo plano, ocupando o centro da escea a forma na que o trauma afectou ás persoas implicadas.

A soidade era densa e asfixiante. Filtrábase polas paredes da casa coma un líquido que procura unha saída a través dun poro. Esvaraba lenta, enchoupando cada imperfección, ata impregnar todo. Emma levaba meses pedindo a gritos o seu propio espazo e, cando por fin dispoñía del, sentíase coma un cachorro á intemperie. 

Cunha linguaxe precisa e elaborada, a Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil  consegue o fluír dunha trama áxil que absorbe a lectora intrépida nunha obra na que non escatima en reflexións arredor da culpa e  como nos afecta, da responsabilidade …

E se hai unha característica que defina a unha autora e a lauree é a habilidade para construír diálogos verosímiles e próximos sen que estes renxan, unha habelencia que domina a perfección e que remata por atraernos a este thriller psicolóxico que proba os nosos sentidos.

 

Daniel Chapela

Ficha técnica:

41DAbja4CXL.jpg

Título: Infamia

Autora: Ledicia Costas

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 271

Prezo: 18,30€

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: