O derradeiro verán

800px-Ricarda_Huch,_1914.jpg
A autora, Ricarda Huch

Debemos gobernar unha casa, e ti ben sabes que incluso o mellor servizo precisa da inspiración dun ser superior. Compadezo a cociñeira que cos nosos múltiples caprichos non tivese apoio ningún. […] Ningunha cociñeira é capaz de lembrar todo isto, e a nosa non sabe ler. Se eu estivese fóra, mamá tería que pensar en todo, pois a Katja non se lle ocorrería, e non me gustaría. Vai todo o día dun lado para o outro e está feliz de ter o seu home por fin só para ela e nun lugar seguro. Agora non podería cargar con estupidos labores domésticos.

“El día en el que lo iban a matar, Santiago Nasar se levantó a las 5.30 de la mañana para esperar el buque en que llegaba el obispo.” Este é o comezo de Crónica de una muerte anunciada, unha das grandes obras da literatura hispanoamericanae malia que a persoa lectora xa sabe dende o inicio cal é o punto e final da novela, a mestría de Márquez reside na forma e non no argumento. Isto mesmo acontece en O derradeiro verán, unha das obras de Ricarda Huch, na que “derradeiro” xa nos pon en aviso do desenlace do libro, mais na que resulta simplemente delicioso percorrer as cartas que a compoñen e deleitarse con elas.

A través dun formato epistolar, a autora narra as vivencias do Gobernador de San Petesburgo e da súa familia na súa residencia estival tras sufrir varias ameazas por distintas decisións tomadas intentando conter uns atisbos de revolución estudantil. É por isto que a familia contrata a Lju, un mozo que fará de secretario e de gardacostas, mais que xogará un papel relevante na intimidación ao Gobernador.

Atópamonos deste modo cunha novela moi ben situada históricamente e que nos amosa a quebra dun sistema de goberno (ou represión), pois pese a estar escrita en 1910 (antes da Revolución de Outubro) recolle o ambiente de crispación dunha Rusia en folga e que loita por derribar un réxime absolutista encabezado polo tsar. Tanto é así que no desenvolvemento da obra nos atopamos cunha dicotomía clara nas personaxes. Dunha banda aparecen os proxenitores que tentan manterse ancorados ao modelo político do Antigo Réxime, e pola outra as fillas e Lju que manteñen unha aposta clara pola necesidade de evolucionar como sociedade. 

Xunto con outros estudantes que, coma el, dispoñen de medios importantes, organizou cursos privados de medicina para posibilitar a continuidade dos estudos tanto para el como para os seus compañeiros, e, ao mesmo tempo, por suposto, para protestar contra as medidas do goberno. Katja tamén desexa asistir a estes cursos, que principiarán proximamente. […] Katja engadiu que era indignante pechar as escolas, que o goberno non tiña dereito a facelo, que as universidades eran organismos independentes, e que a ver se ao final tamén os pais lle tiñan que pedir permiso ao tsar para lles aprender a ler e a escribir aos fillos. 

Mais, se hai algo senlleiro no libro de Huch, é a vontade (ata certo punto) de autodestrucción por parte de Katja e Welja, pois malia pertencer á clase privilexiada da sociedade rusa, opóñense a ese poder que lles confire o sangue e se rebelan contra o seu pai, amosando o seu descontento pola actitude ditatorial do Goberno.

Estamos aquí ante unha obra mestra da sete veces candidata ao Nobel que non deixará indiferente a quen a lea.

 

Por Daniel Chapela

Ficha técnica

cuberta-huch.png

.

Título: O derradeiro verán

Autora: Ricarda Huch

Tradutora: Rosa Marta Gómez Pato

Editorial: Hugin e Munin

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 157

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: