Corazón e demais tripas

Irmás na Graza de Cristo:

Queda terminantemente prohibida, a partir da hora nona, estar ergueitas, espertas e asexantes. Cada irmá deberá ter conta da súa conduta e dos medios postos para conseguilo. Todas as irmás deberán calar e ficar en horizontal a partir da dita hora e até que rompa o día. Calquera ollo nas regañas das portas e dos muros será castigado; calquera orella ao chan, calquera respiración que non sexa a da muller santa que dorme na placidez do Espírito Santo será penalizada coa expulsión desta Santa Casa.

Irmás en Cristo, lémbrolles que é pecado tocarse.

Cada vez que teño no meu poder un libro de Emma Pedreira (A Coruña, 1978), un maremoto de emocións invade os meus dedos, pois a súa escrita é o exemplo máis claro da versatilidade e pluralidade no tratamento de calquera tema. Isto non é diferente na obra que hoxe me reclama, Corazón e demais tripas, coa que a escritora conquistou outro premio máis na súa gran bagaxe, desta volta o VI Narrativas Quentes.

E mamá, que agora non quere que a visite baixo ningún concepto, pediume que cando a chame ao móbil, que sempre está ocupado, a chame Madame e non mamá. 

Malia que a portada semella froito dunha necesidade da editora de entrar polos ollos á clientela, utilizando de forma comercial o corpo dunha muller, esta non é quen de ensombrecer o que dentro oculta. Pedreira é capaz de explorar, de forma mestra, a sexualidade e o erotismo na escrita, conseguindo trasladar a quen le a un mundo no que o sensual e o cómico tecen uns fortes lazos de unión.

Un monllo de relatos que se conectan polo sexo e polo riso e cun estilo desenfadado e caracterizado por unha pluma narrativa con toques claramente poéticos. Ese é o nexo que conecta historias breves pero intensas de protagonistas totalmente diferentes: persoas do circo, monxas nun convento, unha madame… En definitiva, o mellor libro para ler nunha noite fría de inverno.

Por Daniel Chapela

Ficha técnica

corazon-e-damais-tripas.jpg

.

Título: Corazón e demais tripas

Autora: Emma Pedreira

Editorial: Positivas

Ano de publicación: 2016

Número de páxinas: 79

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: