As casas de Carlos Lixó

WhatsApp Image 2019-02-05 at 14.29.27.jpeg

a aldea do Vilar

é a única aldea

que mantén forma de aldea

 

aínda que as casas vellas fagan de cortellos

aínda que ás casas novas lles puxesen tellados de lousa negra

aínda que a entrada estea presidida por unha papeleira da Deputación da Coruña

 

a forma da aldea do Vilar

fica para lembrarlle a alguén

algún día

que por esas corredoiras brincaron nenos libres

“Un eido rural abandonado en prol da cidade e unha cidade esquilmada logo pola crise. Na intersección de todos os abandonos áchase mestralmente As casas¹”. As aldeas morreron. Longa vida ás aldeas. Hoxe só quedan os seus restos, a pegada dunha forma de vida que foi e xa non é. Mudaron para sempre. As neoaldeas están aí.

Isto é o que nos amosa Carlos Lixó (Ribeira, 1991) n´As casas (ou Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre), o poemario que se fixo co XXX Premio Nacional Xosemaría Pérez Parallé.

É este un poemario que se crava dentro da memoria e da resistencia colectiva, desa tribo que empregaba sempre o galego como un rasgo identitario propio e que resistía así ante a invasión urbanita. Porén, pese a deslizar unha crítica contra a masificación, a falta de liberdade e a banalidade da nova vida (e rin da xente/ que vive apertada/ día a día a berrar/ por todo e por nada), non estamos ante os choros do ribeirés, senón ante a asunción dunha nova forma de vida.

Aparece tamén nel reflexado a nenez (como un símbolo da propia vitalidade da antiga aldea) e a xuventude (e estábannos a nacer catro pelos/ aos lados da boca), ademais de mostrar a dicotomía que existe entre a vida e a morte (na encrucillada onde eu vivo xuntábanse os mortos/ que baixaban do cemiterio de San Paio/ coñecín unha señora que os viu/ e xa está con eles).

¹. Cita de Emma Pedreira

Por Daniel Chapela

Ficha técnica

978849479062.JPG

.

Título: As casas

Autor: Carlos Lixó

Editorial: Espiral Maior

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 41

Unha opinión sobre “As casas de Carlos Lixó

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: