Club de Lectura con Carlos Meixide

imagen.phpOnte recibimos na Axencia ao escritor Carlos Meixide, quen conversou co noso club de lectura sobre Ons, un libro a cabalo entre o xénero policíaco e xuvenil que trata das aventuras de catro rapaces e rapazas na Illa de Ons. Foi unha xornada ben interesante na que, aos habituais desta tertulia, se nos uniron dúas persoas mozas: Gabriel  e Laura, de once anos, a quen lles encantou o libro. Sen dúbida, xa é isto un triunfo para o autor e para toda a sociedade.

Carlos Meixide falounos de como xurdiu esta novela, que é o comezo dunha saga que continuou con Cans, ambientada no Festival de Cans, e da que se publica nos próximos días Guitiriz. O autor coruñés xa ten visitado varias veces a nosa vila. Foi precisamente fai uns dez anos cando veu presentar a súa novela O home inédito ao IEs Johán Carballeira. No medio do debate, conta, un rapaz suxeriulle escribir unha historia con mozos protagonistas e ambientada na illa de Ons. Pouco imaxinaba el que esta idea se materializaría pouco despois nun libro que, sen dúbida, recorda a aqueles de Los Cinco que tanto fixeron soñar a xeracións enteiras.

Meixide escribiu a historia que a el lle gustaba ler cando era adolescente, nesa etapa de cambios na que se forma parte do que unha persoa vai ser no futuro.  Así mesmo, importante é tamén para el a ambientación en lugares facilmente identificables polo público lector. De feito, moitas persoas mercaron o libro de Ons por coñecer este espazo. E é que aquí acontecen moitas aventuras, no medio do Burato do Inferno, na Laxe do Crego, no cemiterio, no faro… e cunha serie de personaxes do máis atractivos, cos que pasarás de seguro un bo anaco de divertimento.

Foi unha xornada ben interesante, e Carlos Meixide xa pasa a ser dos nosos autores de referencia, e súmase aos que xa visitaron o noso espazo da Casa da Aldea de Meiro: Francisco Castro, Inma López Silva e Iria Collazo. E continuaremos cos clubs de lectura, así que se te queres apuntar, podes escribir un correo a axenciameiro@gmail.com. Acollemos a maiores e pequen@s xa que a lectura é para todos os públicos!

 

This slideshow requires JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: