Tras o éxito deste primeiro ano de programación sociocultural da Axencia, algo que temos que agradecer a todas as persoas que asistides e colaborades conosco, xa estamos a argallar a programación desta vindeira tempada. Esta, que comezará o próximo 2 de setembro, contará cunha maior diversidade de actividades.
Roteiro a Cabo Udra: terá lugar o 2 de setembro ás 9:30 e partirá da Axencia de Lectura de Meiro. Ten unha dificultade moi alta e terá unha duración aproximada de 7 horas (durará todo o día, comerase en Cabo Udra e farase unha visita ao Parque).
Recital musicado: a poeta canguesa Sandra Piñeiro Pazó estará o venres 29 de setembro ás 20:30 para presentar e musicar os versos do seu poemario Catarsis.
Magosto con xogos populares: terá lugar o sábado 21 de outubro e comezará ás 16:30 horas. Haberá castañas asadas (de balde) e bebidas e se situará no recinto da Morada. A actividade contará cunha recolecta de castañas previa feita nunha “Arroelada” co coworking pontevedrés Espacio Arroelo.
A participación en todas as actividades é de balde e non precisa inscricción.
Responder