Iria Collazo visitou o noso Club de Lectura para falarnos d’ A soidade das medusas

Iria Collazo conversando cos membros do Club de LecturaOs libros son para o verán. Estamos ben seguros desta afirmación, pois na Axencia visitounos este 26 de xullo a autora moañesa Iria Collazo quen nos falou da súa recente obra A soidade das medusas, unha compilación de relatos que conservan entre si nexos de unión que fan que o lector ou lectora teña que estar moi atento para atopalos.

Se aínda non coñecedes o noso club de lectura, deberedes saber que nos reunimos mensualmente para comentar e falar sobre un libro que eliximos entre os participantes. Un libro é unha boa escusa para comunicarnos e falar da vida e, como non, para compartir uns bos alcriques pingando no pan fresquiño. Ben certo é que a gastronomía e os libros sempre foron unha boa maridaxe.

A autora moañesa asinando libros
A autora moañesa asinando libros

Pois ben, deixando á parte os experimentos culinarios, o certo é que foi unha inmensa gozada coñecer a Iria e falar con ela sobre as súas medusas e inspiracións. A autora comentounos que o seu recente libro naceu dun primeiro relato, “Náufragos”, e que a partir de aí quixo coñecer máis do personaxe, dese escritor solitario. Dese achegamento inicial foi tirando coma un fío e saíron os demais relatos que, combinados, teñen todo un sentido unitario. A soidade das medusas eríxese así coma unha radiografía da soidade das persoas. Neste sentido, Iria destacou que sempre quixo falar “das pequenas causalidades e das relacións entre personaxes”. Navegan por aquí unha pianista exitosa, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento , unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital e unha oficinista presa dos seus propios rituais. Estas historias poderemos lelas unitariamente e en conxunto, e os sentidos sempre existirán.

Nesta conversa, Iria tamén nos revelou que o libro se ía titular nun primeiro momento Ave de paso, pero que xa estaba collido, polo que ao final decantouse por A soidade das medusas, posto que fala de seres solitarios.

“As medusas ficaban nun daqueles recipientes de cristal, vivas pero ausentes, ignorantes da beleza que emanaban e da súa inexorable soidade”.

Un pracer, ata a próxima!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: