+ libros

A Axencia de Lectura de Meiro, dentro da súa actividade en prol da lingua e da cultura, ampliou o seu programa de actividades culturais no mes de xullo. O martes 4 ás 21, estivo na Axencia Salvador Rodríguez para conversar coas alí presentes sobre Periodismo, Historia e Literatura. Na tertulia, que durou unha

s dúas horas, falouse sobre as orixes do periodismo, a prensa en Bueu, etc. Ao rematar, o público achegouse a Salva para que lle adicase o seu libro “Historias de galegos extraordinarios”. E tomar unha cervexa ben fría 😉.  O mércores 12 estivo Juan Parcero, autor d´“A fiestra aberta”, quen presentou o seu libro ante un público expectante e interesado. O autor estivo presentado por Dani Chapela, o voluntario da Axencia, e conversaron arredor das personaxes, o fío argumentativo da obra, a inspiración para a novela, etc. Ah, Juan comprometeuse a presentar o seu próximo libro en Meiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: