Levan toda a vida destruíndo, facendo cinza do que atopan por diante. Nunca souberon facer o ben, teñen o odio do pasado, non se adaptan á democracia nin a liberdade e seguen nos corenta longos anos das noites de pedra. Estoume a referir a aqueles que queimaron o Estaleiro de Casqueiro; os que o queimaron e máis os cómplices que lle axudan ideoloxicamente para levar a cabo semellante barbarie, entre eles, Portos, coas súas parvadas, e tamén Patrimonio, que sempre anda fodendo coa súa idea negativa segundo lles veña a eles en gaña, dependendo do pobo e de quen o goberne, co resultado de enfrontar todo máis que poidan ós veciños, dende fai moito tempo ou dende que existen.
Son estes os mesmos que o Prestige e os que non reparan as fachadas das igrexas; os que dan licencias de obras que logo hai que derribar; os que permiten parques industriais ilegais onde pasan regatos que logo enfrontan os veciños, e que sempre serán ilícitos; en definitiva, os que non quixeron que no Morrazo houbese unha recollida de lixo selectivo, deixando que podrecese a maquinaria sen que houbese reciclado nin compost. Queren que non haxa nada, queren deixar todo reducido en cinzas e cando non poden coa razón, empregan o lume. Pero no de Casqueiro xa borda por todo. Hai que seguir tentando reparalo da mesma forma na que estaba pensado, que todo volva ó seu lugar, e que se manteña a idea de facelo museo, que necesitamos memoria que isto sempre será histórica.
Un saúdo ás xentes de bo facer de Moaña, e sobre todo a súa alcaldesa, Leticia.
Recibide unha forte aperta de este de terra dentro.
Seso Portela
Responder