Roteiro polo Liboreiro

A contorna e a cultura están estreitamente relacionadas. Todos os grandes escritores atoparon inspiración nas paisaxes do seu redor e, en moitas ocasións, as plasmaron nas súas obras. Por isto, dende a Axencia promovemos roteiros pola nosa contorna para potenciar a nosa natureza. Para que ninguén se perda contamos con Seso Portela, quen co seu coñecemento de Meiro e dos montes que o rodean emprendeu unha serie de camiñatas no mes de maio, xuño e xullo.

18622664_741860836020867_4957370319594980618_n
O guía Seso Portela

A primeira xa tivo lugar o sábado 20 de maio, e consistiu na ascensión o monte Liboreiro e o Monte Carrasco. O traxecto foi extenuante, pero todos gozamos das marabillosas vistas que namorarían a moitos. A segunda terá lugar o sábado 3 de xuño, cando iremos á Cruz de Ermelo máis á Paralaia (recomendamos traer comida e auga), e partiremos da Axencia de Lectura ás 9:30. A terceira será unha camiñata moi histórica-cultural, posto que visitaremos os muíños do Canudo, lugar grazas ó que a xente se alimentou durante séculos. Será o sábado 22 de xullo e partirá á mesma hora.

Esperámosvos!!!!!

This slideshow requires JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: