Nestes tempos tan convulsos é importante non esquecer ós nosos poetas nin a nosa tradición. Para isto, co galo das Letras Galegas, celebramos o martes 16 ás 21h un recital poético e unha homenaxe a Carlos Casares. Ademais de contar con membros do Consistorio Bueuense (Felix Juncal e Xosé Leal) tivemos entre nos a esas persoas que fan historia cos seus versos: Lucía Novas, Luis Chapela e Dani Costas, afamados poetas da contorna. O acto, que comezou coa lectura dun “manifesto” a Carlos Casares, mantivo unha gran dinámica grazas a intervención da guitarra de “Javi Monty”, que nos deleitou cos seus fermosos acordes. A voz de Seso Portela encamiñounos ó fin do acto da man de Negra Sombra, ao que lle sucedeu un delicioso pincho (algo típico da Aldea).
Letras Galegas 2017

Responder